218 pages

Langue : Galego

Publié par Urco.

4 étoiles (1 critique)

Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntanse as primeiras cinco historias deste personaxe, segundo a cronoloxía interna da obra, e mais un ensaio sobre o seu mundo, a mítica era hyboriana.

1 édition

a publié une critique de Conan I par Robert E. Howard (Biblioteca Howard Dixital, #1)

Evasión e diversión

4 étoiles

Que mellor escusa ca un voo longo e aburrido para volver ler esta marabilla de pura diversión. Xa o lera en papel cando o sacaron pero grazas á versión en ePub de balde que liberou Urco decidín revisitalo aproveitando unha viaxe. É certo que Howard sempre ten un subtexto racista que hoxe queda un pouco raro (aínda que se o comparas con Lovecraft por contraste semella ser medio tolerante) pero logo por exemplo o tratamento das mulleres, sen virnos arriba e dicir que fose un protofeminista, ás veces da unha certa sensación de modernidade.